31 de Xaneiro, 2012

A Asociación Cultural Barbantia comprácese en convidarvos á presentación do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, da profesora Aurora Marco, así como á proxección do documental As Silenciadas, de Pablo Ces. O acto terá lugar o vindeiro sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 h., na Casa de Cultura de Xuño e contará coa participación da autora, de Pablo Ces, director do documental, e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
4 de Marzo, 2011

Homenaxe a Xosé Agrelo Hermo
Casa da Cultura de Noia e Coliseo Noela
Do 19 ao 26 de marzo de 2011
Sábado 19
19 horas
Xosé Agrelo Hermo: Vida e obra
Xoán Pastor Rodríguez
Filólogo
O Triángulo escaleno
Euloxio R. Ruibal
Real Academia Galega
Alfonso Costa
Pintor
Luns 21
20:30 horas
A Execución do Cantino en Boisaca
Xerardo Agrafoxo
Historiador
Os sartegos dos cabaleiros en Santa María a Nova
Xepe Torres
Arqueólogo
Martes 22
20:30 horas
Noia etnográfica e arqueolóxica.
Memorial do esforzo incesante
Ana Filgueira Rei
Arqueóloga
Mércores 23
20:30 horas
O Patrimonio Histórico Artístico de Outes
Xoán maríño
Investigador
A pesca da lamprea no río Tambre
Clodio González
Museo Pobo Galego
Manuel Ces Canle
Investigador
Xoves 24
20:30 horas
Os gremios e os clérigos da morte
Xoán Manuel Neira Pérez
Teólogo
Venres 25
20:30 horas
Un “noiés” na fosa do Acevo
Carme García Rodeja
Asociación Recuperación Memoria Histórica (ARMH)
MESA REDONDA
A memoria da terra. As fosas do franquismo
Sábado 26
21 horas
Coliseo Noela
DESCUBERTA DA PLACA CONMEMORATIVA
SALA “XOSÉ AGRELO HERMO”
TEATRO
O triángulo escaleno, de Xosé Agrelo
Grupo de Teatro Mutis
Curso homologado pola Consellería de Educación.
Organizan: Asociación Cultural Barbantia e Concello de Noia.
Colaboran: Noia Histórica. Centro Comercial Aberto e Deputación da Coruña.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
26 de Febreiro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, a librería Ler da Pobra do Caramiñal e a Editorial Galaxia convídante á presentación de Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, nun acto que terá lugar na librería Ler da Pobra o venres 4 de marzo, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes a autora; a directiva de Barbantia María Xesús Blanco; o coordinador da asociación, Alberto Piñeiro; e mais o presidente, Xesús Laíño.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
8 de Febreiro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Noia convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación da novela Cabalo de ouros, de Víctor F. Freixanes.
O acto terá lugar na Casa da Cultura “Avilés de Taramancos” de Noia, o venres 25 de febreiro, ás 20:30 h; e nel estarán presentes, amais do autor, os socios de Barbantia Antón Riveiro Coello, Xerardo AgraFoxo, Encarna Pego e Isabel Santos; e o alcalde de Noia, Rafael G. Guerrero.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
27 de Outubro, 2009
A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Lousame, o xornal La Voz De Galicia e Edicións Xerais presentan un novo número do tradicional suplemento cultural de finais de cada mes A Voz De Barbantia, así como a presentación do libro Sol de Inverno de Rosa Aneiros, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2009.
O acto contará coa intervención da autora Rosa Aneiros, Agustín Agra, escritor e socio de Barbantia; Fran Alonso, en representación de Xerais; Santiago Freire, alcalde de Lousame; Teresa villaverde, Concelleira de cultura de Lousame e Xefa Territorial da Consellería de Educación. Terá lugar o venres, 30 de outubro, ás 20,30 h. na casa da cultura de Lousame.

Escrito en Sen tema, Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
30 de Outubro, 2008
Os amigos e socios de Barbantia sentimos fondamente a perda de Anxo Rei Ballesteros, pero manteremos aceso o facho da súa memoria.

Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
5 de Xullo, 2007

O Bar Praza de Ribeira acollerá o venres 13 de xullo ás 21 h. a presentación do libro Palabras contadas de Camilo Franco. O acto contará coa presenza do autor que estará acompañado á guitarra polo músico Magín Blanco. Editado dentro da colección de narrativa de Edicións Xerais acadou a súa segunda edición. Palabras Contadas inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. A presentación está organizada polo Ateneo Valle Inclán, a asociación cultural Altofalante e Barbantia.
Escrito en Sen tema, Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
28 de Novembro, 2005
A Asociación Boirense de Empresarios distingue a Barbantia como mellor asociación do ano xusto cando está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario coa edición do Anuario de Estudos do Barbanza. Noticia.
Escrito en Sen tema | | Imprir Este Artigo
4 de Novembro, 2005
Mañán 5 de Novembro e dentro das Xornadas de Promoción do Audiovisual de Borio, vaise presentar a páxina web de Barbantia http://www.barbantia.org. O acto vai ser ás 12:00 no centro sociocultural de Boiro.
Escrito en Sen tema | | Imprir Este Artigo