27 de Outubro, 2009
A Asociación Cultural Barbantia, o Concello de Lousame, o xornal La Voz De Galicia e Edicións Xerais presentan un novo número do tradicional suplemento cultural de finais de cada mes A Voz De Barbantia, así como a presentación do libro Sol de Inverno de Rosa Aneiros, gañadora do Premio Xerais de Novela, 2009.
O acto contará coa intervención da autora Rosa Aneiros, Agustín Agra, escritor e socio de Barbantia; Fran Alonso, en representación de Xerais; Santiago Freire, alcalde de Lousame; Teresa villaverde, Concelleira de cultura de Lousame e Xefa Territorial da Consellería de Educación. Terá lugar o venres, 30 de outubro, ás 20,30 h. na casa da cultura de Lousame.

Escrito en Sen tema, Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
30 de Outubro, 2008
Os amigos e socios de Barbantia sentimos fondamente a perda de Anxo Rei Ballesteros, pero manteremos aceso o facho da súa memoria.

Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
5 de Xullo, 2007

O Bar Praza de Ribeira acollerá o venres 13 de xullo ás 21 h. a presentación do libro Palabras contadas de Camilo Franco. O acto contará coa presenza do autor que estará acompañado á guitarra polo músico Magín Blanco. Editado dentro da colección de narrativa de Edicións Xerais acadou a súa segunda edición. Palabras Contadas inclúe máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. Aproveitando a funcionalidade da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría. A presentación está organizada polo Ateneo Valle Inclán, a asociación cultural Altofalante e Barbantia.
Escrito en Sen tema, Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
28 de Novembro, 2005
A Asociación Boirense de Empresarios distingue a Barbantia como mellor asociación do ano xusto cando está a piques de celebrar o seu primeiro aniversario coa edición do Anuario de Estudos do Barbanza. Noticia.
Escrito en Sen tema | | Imprir Este Artigo
4 de Novembro, 2005
Mañán 5 de Novembro e dentro das Xornadas de Promoción do Audiovisual de Borio, vaise presentar a páxina web de Barbantia http://www.barbantia.org. O acto vai ser ás 12:00 no centro sociocultural de Boiro.
Escrito en Sen tema | | Imprir Este Artigo