11 de Xaneiro, 2012
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Fundación Castelao, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á celebración no Auditorio de Rianxo dos ACTOS CASTELAO 2012, que, entre outras actividades, incluirán:

1) a presentación do libro POÑENTE, de Pere Tobaruela; nun acto que terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, a escritora e profesora Ana Isabel Boullón; o director de Xerais, Manuel Bragado; os directivos de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro; e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Contaremos cunha actuación musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (da Escola de Música de Rianxo). Amais, ese mesmo serán inaugurarase a exposición “Castelao Vive. Esculturas de Nuco Losada”.
2) A presentación, o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, do libro VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL. BIOGRAFÍA DE Mª DO CARME KRUKEMBERG, de Mercedes Queixas, coa presenza da autora e mais do escritor e coordinador de edicións de Ed. Galaxia Francisco Castro, así como da secretaria de Barbantia, Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño.

Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
11 de Novembro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do ANUARIO DE ESTUDOS DO BARBANZA 2011; nun acto que terá lugar o sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia, e no que estarán presentes o coordinador do ANUARIO, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Javier Rodríguez; e mais o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.
Ao remate da presentación do volume, que recolle as actas da VI Semana da Historia (Homenaxe a Xosé Agrelo Hermo), entregaranse os PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2011.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
5 de Outubro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A VOZ DE BARBANTIA, así como á presentación do libro de Francisco Castro In vino veritas, nun acto que terá lugar o venres 28 de outubro no Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, ademais do autor, os directivos de Barbantia María Xesús Blanco e Antón Riveiro Coello, e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.
Ao remate da presentación inaugurarase no mesmo Auditorio a exposición de Che Tembra “Castelao: 125 aniversario”.
Así mesmo, a Asociación Cultural Barbantia convídate á representación da obra de teatro ATA QUE A MORTE NOS SEPARE, a cargo do grupo de teatro “Airiños” de Asados, o domingo 30 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Boiro.
Entrada libre.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
16 de Setembro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Alvarellos Editora, a Galería Sargadelos do Barbanza e mais o Concello de Boiro convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do libro MÁXICO TEAR NATURAL, de Xosé M. Lobato Martínez, escritor e socio de Barbantia, nun acto que terá lugar o venres 30 de setembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Boiro, e no que estarán presentes, amais do autor, o directivo de Barbantia Xosé Ricardo Losada; o director da editorial, Henrique Alvarellos Casas; o director da Galería Sargadelos do Barbanza, Jesús Lojo Alcalde; o coordinador de Barbantia, Alberto Piñeiro; e mais a concelleira de cultura do Concello de Boiro, Helena Teixeira Barcala.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
9 de Xuño, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Edicións Xerais de Galicia e a librería Ler d´A Pobra do Caramiñal convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, nun acto que terá lugar na librería Ler d´A Pobra, o venres 24 de xuño, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega; Fidel Vidal, pintor e escritor; Xosé Ricardo Losada, directivo de Barbantia; e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
18 de Maio, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Espiral Maior e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Fidel Vidal O sol da tristeza. A figura do pai na obra de Manuel Antonio, nun acto que terá lugar o venres 27 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio de Rianxo, e no que estarán presentes, ademais do autor, Miguel Anxo Fernán-Vello, director de Espiral Maior; Xosé Luís Axeitos, secretario da Real Academia Galega; Milagros Torrado, secretaria de Barbantia; e Pedro Piñeiro, alcalde de Rianxo en funcións.
Así mesmo, a Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Centro Cultural “Simón Varela” de Asados, a Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia, o grupo de teatro “Airiños” e o Concello de Rianxo convídante á presentación do libro Cadro Artístico: Airiños. 75 aniversario, nun acto que terá lugar no Auditorio de Rianxo o sábado 28 de maio, ás 19:00 horas. Estarán presentes, entre outros, Xosé Luís Axeitos e Xesús Santos.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
12 de Maio, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, a Asociación Artesá e Etnográfica “O Faiado-2”, a Asociación de Veciños “Cruceiro do Monxo”, a Escola de Música Municipal e o Concello de Boiro convídante á celebración da I ROMARÍA das LETRAS no BARBANZA, o vindeiro 17 de maio, na finca do pazo de Goiáns, co seguinte PROGRAMA:
-11:30 horas: actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Municipal.
-11:45 horas: actuación do grupo de pandeireteiras da Escola de Música Municipal.
-12:00 horas: presentación do libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro (Editorial Toxosoutos), coa presenza dos seus autores: José Luis Calvo e Carlos Gegúndez López, así como do director de Toxosoutos, David González Couso.
-12:45 horas: actuación do grupo de gaitas da Escola de Música.
-13:00 horas: Mostra de baile galego, co grupo “Xilbarbeira”.
-14:30 horas: xantar, coa presenza dun pulpeiro, que venderá polbo, carne ao caldeiro e churrasco.
-16:00 horas: recital de textos de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.
-17:00 horas: paseo botánico e etnográfico pola finca e o pazo, con explicacións do profesor Xulio Gutiérrez e mais de María Luísa López, presidenta da Asociación Artesá e Etnográfica “O Faiado-2”.
-18: 00 horas: actuación do grupo de pandeireteiras “Nunca é tarde”.
-19:30 horas: remate da I ROMARÍA das LETRAS no BARBANZA.
Así mesmo, durante toda a xornada estarán abertos ao público os stands dos seguintes colectivos colaboradores: Asociación Cultural Barbantia, Asociación Artesá e Etnográfica “O Faiado-2”, Asociación Cultural “Borobó”, Asociación de Veciños “Cruceiro do Monxo”, instrumentos medievais, renacentistas e barrocos do grupo de música antiga “Os Menestreis” e torno de varas do artesán de instrumentos tradicionais “José de Nebra”.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
8 de Abril, 2011
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Concello de Boiro convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema, nun acto que terá lugar no Centro Social de Boiro, o venres 29 de abril ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, Antón Riveiro Coello, directivo de Barbantia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Gerardo Piñeiro, concelleiro de cultura; e Xosé Deira, alcalde de Boiro.

Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
27 de Marzo, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos e o Concello de Muros convídante á presentación do libro O Vákner e o dragón, de Aurora Lestón Mayo, nun acto que terá lugar na Casa da Cultura do Esteiro (Muros) o venres 8 de abril, ás 20:30 horas. Amais da autora, estarán presentes Fernando Alonso Romero, catedrático de Historia e Cultura dos países de fala inglesa, da USC; David González Couso, director da Editorial Toxosoutos; Milagros Torrado Cespón, secretaria de Barbantia; e mais Laura Eiras, concelleira de cultura de Muros.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
22 de Marzo, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, a Deputación da Coruña e o Concello de Boiro convídante ao encontro intelectual entre Xosé Luís Méndez Ferrín, escritor e presidente da Real Academia Galega, e Juan José Moralejo Álvarez, profesor e catedrático de grego na USC, que, baixo o título “Á luz das palabras”, se celebrará na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro o sábado 26 de marzo, ás 12:00 horas.

Guión do encontro:
1. O “mundo clásico” na poesía de Ferrín.
2. Gallaecia e as súas etimoloxías.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo