Barbantia

Barbantia :: Web da Asociación Cultural Barbantia

Sae do prelo A Voz de Barbantia este 25 de xuño

22 de Xuño, 2010

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, tresCtres Editores e o Concello de Boiro vístense de gala con motivo da saída do especial A Voz de Barbantia, cunha edición conxunta dos números 26 ao 50 do suplemento cultural, así como á presentación do libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila, nun acto que terá lugar o venres 25 de xuño, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura “Ramón Martínez López” de Boiro, e no que estarán presentes Esperanza Mariño, Amancio Liñares, director de tresCtres Editores; Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia; Moncho Ares, delegado no Barbanza de La Voz de Galicia; e Xosé Deira, alcalde de Boiro.

portada-a-voz-de-barbantia.jpg

Entrada libre.

A literatura e a memoria

15 de Xuño, 2010

A Asociación Cultural Barbantia convidan á presentación do libro As novelas da memoria, do profesor da Universidade de Montana (EE.UU) John Thompson, nun acto que terá lugar o martes 15 de xuño, ás 21:00 horas, no Centro Social de Boiro, e no que estarán presentes, ademais do autor, Xan Ermida, profesor do IES Número 1 de de Ribeira; Carlos Callón, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística; Alberto Piñeiro, coordinador de Barbantia; e mais Xosé Deira, alcalde de Boiro.

novelas-memoria-cartel.jpg