Presentación do CD Son de Rianxo
13 de Novembro, 2008O venres 14 de novembro ás 20.30 h. no Colexio Público Brea Segade de Taragoña, presentación do CD Son de Rianxo, editado polo Museo Castelao do propio centro público e a Asociación Cultural Barbantia, co patrocinio de varias entidades públicas. No acto do venres participarán o coordenador do proxecto José Luís Dopico, os directivos de Barbantia, Milagros Torrado e Adolfo Muíños e Milagres Lantes, Delegada Provincial da Consellaría de Cultura e Deporte.
Na presentación haberá diferentes actuacións musicais dalgúns dos grupos de Rianxo participantes nesta colectánea que recolle e reinterpreta o repertorio de vellos gaiteiros do Concello.
