Barbantia

Barbantia :: Web da Asociación Cultural Barbantia

Intensa noite cultural en Boiro da man de Barbantia

28 de Novembro, 2007

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia e o Proxecto Leñaverde presentan o venres 30 de novembro, ás 23:00 horas, no pub Ese de Boiro o libro de Carlos Meixide O home inédito. A seguir tamén se realizará a presentación dun novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia. O acto contará coa presenza do autor; de María Yáñez, en representación da Editorial A Rotonda; de Alberto García, como responsable de Leñaverde; e mais de Ana Redondo, membro de Nova Barbantia.

Ao longo do acto fallaranse, asimesmo, os premios Barbantia da Cultura 2007.
Ao remate da presentación actuará o grupo Os da Ría. Posteriormente, a partir das 00:30 horas, terá lugar un concerto a cargo do grupo de rock Agoraphobia, que presentará a súa primeira maqueta, titulada Mentir y gobernar.

Acto cultural de Barbantia

Barbantia presenta a nova novela de Antón Riveiro Coello

21 de Novembro, 2007

A Editorial Galaxia, o Concello de Noia e Barbantia, presentan a nova novela de Antón Riveiro Coello, OS OLLOS DE K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o venres 23 de novembro, ás 20′30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor.

O escritor Antón Riveiro Coello