Barbantia

Barbantia :: Web da Asociación Cultural Barbantia

Recital de Nova Barbantia en Boiro e participación no II Encontro Luso-Galaico no Son

23 de Marzo, 2007

minerva
O venres 30 de marzo, ás 21 horas, na sala de exposicións do Centro Social de Boiro, Nova Barbantia, en colaboración co Proxecto Leñaverde e co Concello de Boiro, organizou unha xuntanza poético-literaria coa participación das novas voces femininas da A. C. Barbantia. No acto presentouse o libro Debuxo cos dedos liñas invisíbeis, que recolle os gañadores dos XXXIV Premios Literarios “Minerva”, certame no que Íria Gestoso Ríos, poeta de Nova Barbantia, resultou gañadora no apartado de poesía. Acompañaron a Íria, nun recitado poético, Ana Redondo, María Loureiro e Charo López. Así mesmo, presentouse un novo número do suplemento cultural A Voz de Barbantia.
luso1
II Encontro Luso-Galaico “Aromar”
Sábado 31 de marzo ás 12 horas, na Casa de Cultura de Porto do Son

- Intervención do escritor Antonio Miranda Chaves sobre os poetas José Afonso e António Aleixo.
- Nuno Castelo falou sobre a rexión de Chaves na poesía.
-Jorge Aires interpretou temas de José Afonso e música popular.
- Carlos Mosteiro Fraga, vicepresidente de Barbantia, falou sobre a Literatura Infantil e xuvenil galega.
- Rematou o acto coa actuación da Banda de Música Tradicional SUEVIA.

Barbantia celebra en Noia o centenario de María Mariño

8 de Marzo, 2007

cartelmariamariño
Sábado, 17 (19 h.)
MARÍA MARIÑO: MULLER E LITERATURA
María Xosé Queizán e Teresa Moure
BIOGRAFÍA DE MARÍA MARIÑO
Xerardo AgraFoxo
Luns, 19 (20′30 h)
A ARTE MODERNA NO BARBANZA
Xoán Monterroso Montero
Martes, 20 (20′30 h)
XOIAS ARTÍSTICAS DE SAN MARTIÑO
Concha Allut e Xoán Mariño
O PATRIMONIO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE LOUSAME
Clodio González
Mércores, 21 (20′30 h)
A REVOLTA IRMANDIÑA EN NOIA, MUROS E OUTES
Carlos Barros
Xoves, 22 (20′30 h.)
MUROS-NOIA: O AGROMAR DUNHA NOVA PAISAXE
Pedro García Vidal
AS LAUDAS GREMIAIS DE GALICIA
Xepe Torres
Venres, 23 (20′30 h)
A CONSTRUCIÓN DA PAISAXE 20 ANOS DESPOIS
MEGALITISMO E ECOLOXÍA NO BARBANZA

Felipe Criado Boado
Sábado, 24 (20′30 h)
CON MARÍA MARIÑO, DA MAN DOS SEUS VERSOS
Yolanda Castaño
PALABRA E VERBA: AVALO E DEVALO VITAL
Xabier Castro
MARÍA MARIÑO: RETRATO DUNHA VIDA
Suso Xogaina