Barbantia

Barbantia :: Web da Asociación Cultural Barbantia

Barbantia trae a Suso de Toro a Ribeira

15 de Setembro, 2006

homesennome O venres 29 de setembro, ás 20′30 h., no Auditorio de Ribeira, Barbantia presentou o seu suplemento cultural A Voz de Barbantia e mais a última novela de Suso de Toro, HOME SEN NOME. Acompañaron ao autor, Ramón Ares, Delegado da Voz de Galicia no Barbanza, Luciano Fernández, concelleiro de Cultura de Ribeira, e mais os socios de Barbantia Xerardo AgraFoxo e Suso Laíño, que mantiveron unha conversa co autor da novela. Tamén se anunciaron novas actividades da asociación para o outono.