Barbantia en Muros “Poesía e Música”
18 de Novembro, 2005
O sábado 26 de novembro, ás 19’30 h., na Casa de Cultura de Muros, Barbantia e La Voz de Galicia acudirán ao Concello de Muros para presentaren o nº 9 do seu suplemento A Voz de Barbantia. Así mesmo, farase a presentación da antoloxía bilingüe “Das sonorosas cordas” e poderemos asistir a un concerto da Orquestra de Cámara de Galicia.
O acto contará coa participación de Caridad González Cerviño, alcaldesa de Muros; Xosé Ramón Farinós, concelleiro de Cultura; Ramón Ares, Delegado de La Voz de Galicia; Olivia Rodríguez González, antóloga do libro; Estíbaliz Espinosa, poeta, e Antón Riveiro Coello, presidente de Barbantia.
noraboa aos premiados!
barbantia gaña o premio da a.b.e.
á mellor asoc. cultural do ano
Moi ben pola cultura. Máis cultura e menos botellón en Louro: consello para a Sra. Alcaldesa de Muros e a equipa de goberno en xeral.