Revista de Libros do Barbanza 2004-2005
29 de Outubro, 2005Os socios de Barbantia Román Arén e Pastor Rodríguez elaboraron unha exhaustiva escolma de libros, folletos e separatas publicados por autores do Barbanza ou moi vencellados a ela. A variedade do material referenciado é moi ampla e vai dende a poesía á arte pasando polo cómic. Todo o material editouse ao longo de 2004 e 2005.
noraboa tamén a román e a pastor por esta escolma. Sen dúbida barbantia está articulando,promovendo e visualizando un tecido cultural -o barbanzano- de grande interese e dinamismo, que de seguro esta páxina axudará a difundir alén de (máis) divisións administrativas. espero igualmente que este instrumento sirva para unha maior e mellor comunicación persoal. cambio
Nora boa a todos, por sermos quen de facer que este barco flote e navege con bo vento de tod*s