11 de Maio, 2012

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Edicións Xerais de Galicia e a Libraría LER da Pobra do Caramiñal convídante á saída do número 75 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Dark Butterfly, de Rexina Vega. O acto terá lugar o venres 25 de maio, ás 20:30 h, na TENDA ESCOLA DEÁN (Rúa Rafael Calleja, 11-13), e nel estarán presentes, amais da autora, Manuel Bragado, director de Xerais, Agustín Agra, socio de Barbantia, e Amparo Cerecedo, presidenta da Asociación do Pequeno Comercio da Pobra.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
20 de Abril, 2012

II ROMARÍA das LETRAS no BARBANZA, 17 DE MAIO 2012
PROGRAMA:
PAZO DE GOIÁNS:
11:00 horas: apertura recinto e recibimento.
11:30 horas: actuación do grupo de pandeireteiras Albaroque.
12:45 horas: actuación do grupo de gaitas da Escola de Música Municipal e Albaroque.
13:00 horas: mostra de baile galego a cargo do grupo Xilbarbeira.
13:45 horas: actuación a cargo do grupo de gaitas Algarabía.
RÚA PEONIL DE BOIRO:
11:00 a 13:00 horas: LIBROS e CONTOS + LETRAS E TAPAS (organiza Concellería de Cultura de Boiro), onde se repartirá información das Letras Galegas 2012 a todas as persoas que ese día ocupen as terrazas da hostelería boirense. Nesta actividade colaboran a Mancomunidade Arousa Norte, que sorteará bonos gastronómicos entre a xente que participe na iniciativa, a Asociación Boirense de Empresarios e os locais de hostalaría do casco urbano de Boiro.
12:00 horas: Romance de cego pola rúa peonil (O Faiado 2).
PAZO DE GOIÁNS:
14:30 horas: xantar, coa presenza dun polbeiro, que venderá racións de polbo, carne ao caldeiro, churraso, viño do país…
16:00 horas: recital de textos de PAZ ANDRADE, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2012 e discursos institucionais.
16:30 horas: presentación do libro,” O alento nas costas”, da escritora boirense Natalia Carou, con presencia da directora de Baia Edicións, Belén López Vázquez e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.
17:30 horas: Romance de cego a cargo de O Faiado 2.
17:45 horas: paseo botánico e etnográfico pola leira do pazo de Goiáns, con explicacións do profesor Xulio Gutiérrez e mais de María Luísa López, presidenta da Asociación Artesá e Etnográfica O Faiado 2.
18: 30 horas: actuación do grupo de pandeireteiras Nunca é tarde e O Son das cerreñas .
19:30 horas: Actuación da Banda de Música Tradicional Suevia, de Porto do Son e o gaiteiro ANXO LORENZO.
22:30 horas: Remate da II Romaría das Letras.
Durante toda a xornada estarán abertos ao público os stands dos colectivos colaboradores como das distintas editoriais do Barbanza e galegas,así como a exposición de CHE TEMBRA e a das LETRAS GALEGAS 2012. VALENTÍN PAZ ANDRADE.
COORDINADORES/ORGANIZADORES
Asociación Cultural Barbantia
Asociación Artesá e Etnográfica O Faiado-2
COLABORADORES
Concello de Boiro
Concello de Porto do Son
Diputación da Coruña
Asociación Cultural Borobó
Asociación de Veciños “Cruceiro do Monxo” de Bealo
ABE Asociación Boirense de Empresarios
Mancomunidade Arousa Norte
Baía Edicións
Editorial Bourel
Libraría LER da Pobra
Escola de Müsica Municipal de Boiro
Artesán José de Nebra
Che Tembra
Talla de madeira Roberta Figueira
ACAB: Amigos do Centro Arqueolóxico do Barbanza
Asociación Protectora de Animais Moura
J. J. Chicolino
Piroctenia Ricardo Resúa
Churrería Fina Blanco García
Rosquilleira
Polbeiro de Pontecesures
Abadía de San Enrique
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
16 de Abril, 2012

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Boiro convídanvos á saída do número 74 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias.
O acto terá lugar o venres 27 de abril, ás 20:30 h., no Salón de Actos do Centro Social de Boiro, e nel estarán presentes, amais do autor, Xesús Laíño, presidente de Barbantia, Xosé Ricardo Losada e Helena Teixeira, concelleira de cultura.
A continuación do acto terá lugar o concerto David Lojo Quartet, na Estación Leñaverde.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
16 de Marzo, 2012

A Asociación Cultural Barbantia xunto coa Pousada das Ánimas convídavos á “Noite de poesía salvaxe” o vindeiro día 23 de marzo ás 21:00 horas. Terá lugar na Pousada das Ánimas, sita en Boiro.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
12 de Marzo, 2012

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a editorial Galaxia e o Concello de Ribeira convídanvos á saída do número 73 do suplemento cultural A Voz de Barbantia, así como á presentación do libro de Antonio Piñeiro As fiandeiras, nun acto que terá lugar o venres 30 de marzo, ás 20:00 horas, na Sala Museo Municipal de Ribeira, e no que estarán presentes, ademais do autor, Carlos Lema, director da editorial Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia e Elvira Pisos, concelleira de cultura.
Escrito en Sen tema, Novidade na Web de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
14 de Febreiro, 2012

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, o Liceo Pueblense e a Editorial Galaxia teñen o pracer de convidalos á saida dun novo número de A Voz de Barbantia e á presentación de LAURA NO DESERTO, de Antón Riveiro Coello. Terá lugar o vindeiro venres 24 de febreiro, ás 20:30 h, no salón de actos do Liceo d’A Pobra do Caramiñal (Rúa da Paz, 27). Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia; Xesús Laíño, presidente de Barbantia; Jorge Abal Caamaño, presidente do Liceo Pueblense; e o autor da novela e directivo de Barbantia, Antón Riveiro Coello.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
31 de Xaneiro, 2012

A Asociación Cultural Barbantia comprácese en convidarvos á presentación do libro Mulleres na guerrilla antifranquista galega, da profesora Aurora Marco, así como á proxección do documental As Silenciadas, de Pablo Ces. O acto terá lugar o vindeiro sábado, 4 de febreiro, ás 20.00 h., na Casa de Cultura de Xuño e contará coa participación da autora, de Pablo Ces, director do documental, e Xesús Laíño, presidente de Barbantia.
Escrito en Sen tema | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
11 de Xaneiro, 2012
A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Fundación Castelao, Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á celebración no Auditorio de Rianxo dos ACTOS CASTELAO 2012, que, entre outras actividades, incluirán:

1) a presentación do libro POÑENTE, de Pere Tobaruela; nun acto que terá lugar o venres 27 de xaneiro, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, amais do autor, a escritora e profesora Ana Isabel Boullón; o director de Xerais, Manuel Bragado; os directivos de Barbantia Xesús Laíño e Carlos Mosteiro; e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. Contaremos cunha actuación musical a cargo de Antón Alcalde e Iago Hermo (da Escola de Música de Rianxo). Amais, ese mesmo serán inaugurarase a exposición “Castelao Vive. Esculturas de Nuco Losada”.
2) A presentación, o sábado 28 de xaneiro, ás 12:00 horas, do libro VIVIR, UNHA AVENTURA IRREPETÍBEL. BIOGRAFÍA DE Mª DO CARME KRUKEMBERG, de Mercedes Queixas, coa presenza da autora e mais do escritor e coordinador de edicións de Ed. Galaxia Francisco Castro, así como da secretaria de Barbantia, Milagros Torrado. A seguir, terá lugar un recital poético no que participarán Esther F. Carrodeguas, Milagros Torrado e María Xesús Blanco, cunha intervención plástica do pintor Salvador Fernández Laíño.

Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
11 de Novembro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Noia convídante á saída dun novo número do suplemento cultural “A Voz de Barbantia”, así como á presentación do ANUARIO DE ESTUDOS DO BARBANZA 2011; nun acto que terá lugar o sábado 26 de novembro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura “Antón Avilés de Taramancos” de Noia, e no que estarán presentes o coordinador do ANUARIO, Manuel Cartea; o presidente de Barbantia, Xesús Laíño; o concelleiro de cultura, Javier Rodríguez; e mais o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.
Ao remate da presentación do volume, que recolle as actas da VI Semana da Historia (Homenaxe a Xosé Agrelo Hermo), entregaranse os PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2011.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo
5 de Outubro, 2011

A Asociación Cultural Barbantia, La Voz de Galicia, Editorial Galaxia e o Concello de Rianxo convídante á saída dun novo número do suplemento cultural A VOZ DE BARBANTIA, así como á presentación do libro de Francisco Castro In vino veritas, nun acto que terá lugar o venres 28 de outubro no Auditorio de Rianxo, ás 20:30 horas, e no que estarán presentes, ademais do autor, os directivos de Barbantia María Xesús Blanco e Antón Riveiro Coello, e mais o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.
Ao remate da presentación inaugurarase no mesmo Auditorio a exposición de Che Tembra “Castelao: 125 aniversario”.
Así mesmo, a Asociación Cultural Barbantia convídate á representación da obra de teatro ATA QUE A MORTE NOS SEPARE, a cargo do grupo de teatro “Airiños” de Asados, o domingo 30 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Boiro.
Entrada libre.
Escrito en Actividade de Barbantia | Comentarios Pechados| Imprir Este Artigo